domingo, 14 de abril de 2013

Os Felices anos 20

Tras a pirmeira guerra mundial, EEUU saiu moi beneficiada economicamente.
As insignificantes perdas que tivo mas o crecemento economico debido as vendas de productos aos aliados a convertiu na 1ª potencia mundial.

A súa importancia economica debíase a que producia o 45% dos productos agrícolas, á acumulación da metade das reservas de ouro mundiais, e a que convertiuse no principal prestamista a Europa para que arranxasen os danos da guerra.

Este crecemento continuou durante os 10 anos seguintes ao final da guerra. O proceso de produccións de bens sufríu unha transformación que innovaban as tecnicas de construcións.
Entre eles, destacaban as novas fontes de enerxía, a invención de traballo en cadea (taylorismo), creación de novas industrias, e novos medios de comunicacións. Finalmente, esto aumentou a calidade de vida da poboación estadounidense provocando a aparición da sociedade de consumo.

 O crecemento economico de 1920 provocou unha gran venda de productos á sociedade media, que antes estaban reservados para a alta sociedade. Esto, mais a publicidade que extendíase polos medios de comunicanín provocou un consumo de masas , que viuse interpretado mais tarde como o "american way of life". Creouse unha sociedad de consumo no que a xente traballaba para gastar o seus cartos en productos ou espectaculos de masas.

Mentres tanto, en Europa, a situación era completamente distinta. Os paises tiñan que reconstruir as suas economias, que empeoraban có paso do tempo.
O peor parado foi Alemaña, que como perdedor da guerra viase obrigado a pagar rendas aos paises gañadores para as recostruccións.
Ante esta situación, en 1920, EEUU permitiu que Europa se fose recuperando pouco a pouco grazas a sinatura do Plan Dawes e aos acordos de Lorcano

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.